Domingo, 09 de Maio de 2010

Jacques Brel e Los Tamara 

"Ne me quite pass"  

 Imos neste post a esquecer  por pouco tempo toda esa “basura” e esperpento dalgúns políticos deste país. A corrupción, o Tribunal Supremo, Rajoy, Zapatero, o neoliberalismo salvaxe etc. etc. Toda esa bosta que cada vez fede máis por mor dese puto “libre mercado” “consumismo” e a nai que os pariu.       

 Escoitaremos a máis bela canción de amor que se escribiu xamais na historia da música "Ne me quite pass". É impresionante como a canta o seu autor Jacques Brel, , transmite amor á vez a súa desesperación por perder ese amor. Por iso moita música de agora non di ren, perdeu ese  misticismo desas cancións daqueles tempos pasados, letras cheas de pasión, honestidade e de entrega.  

Esta canción foi prohíbida neste país naqueles anos de "a longa noite de pedra". Cando Los Tamara actuaron no Olympia de París compartindo escenario con Jacques Brel e Charles AznavourPrudencio Romo a adaptou para que a cantara Pucho Boedo en España, non o deixou a censura franquista. Non sei que carallo tería a letra para eses censores fascistas. Poidera ser que para os representantes da Igrexa fora dabondo pornográfica. Vaia sinvergonzas que tiñamos e que seguimos tendo para desgracia nosa.

Embaixo pódese ollar a letra en español. 

 =================================================         

 Jacques Romain Georges Brel (8 de abril de 1929 - 9 de outubro de 1978), coñecido artisticamente como Jacques Brel, foi un cantante belga francófono e, ao mesmo tempo, actor e cineasta. As súas cancións son famosas pola poesía e honestidade das súas letras. Talvez a súa canción máis coñecida a nivel internacional é “Ne me quitte pas”, que se lanzou en 1959.    

Viviu parte da súa vida artística en París e os seus últimos anos nas Illas Marquesas na Polinesia Francesa. Morreu en París e está enterrado á beira de Paul Gauguin nas Illas Marquesas.









 

 

   

Agora tendes a oportunidade de ollar este vídeo coa mesma canción"ne me quite pas" interpretada por Yolanda Vázquez e os compoñentes de Los Tamara: Enrique Paisal e Antonio Vázquez "Tocho", nunha actuación en Vilagarcía de Arousa nun acto benéfico a favor de ASAFAL (Alzheimer) o día 18 de marzo de 2010. Canción que Los Tamara xamais o poideron cantar naqueles tempo "negros" por mor  da censura. Coido que foi este día unha ledicia escoitar esta fermosa canción.

 

 























Jacques Brel - Ne Me Quitte Pas (No me dejes)
 

 

 

No me dejes. / Hay que olvidar. / Todo se puede olvidar. / Lo que ya se fue. / Olvidar el tiempo. / De los malos entendidos. / Y el tiempo perdido./ Para aclararlos./ Olvidar esas horas./ Que mataban a veces./ A golpes de porqués, al corazón de la felicidad./ No me dejes,no me dejes,no me dejes,no me dejes. / Yo te ofreceré perlas de lluvia, venidas de países donde no llueve. / Yo escarbaré la tierra. /Hasta después de mi muerte. / Para cubrir tu cuerpo de oro y de luz. / Yo haré un reino, donde el amor será rey. / Donde el amor será ley. / Donde tu serás reina. / No me dejes,no me dejes,no me dejes,no me dejes no me dejes. / Yo te inventaré palabras locas, que tu comprenderás. / Yo te hablaré de esos amantes, que han visto por dos veces arder sus corazones. / Yo te contaré la historia de un rey. /  Que murió por no haber podido encontrarte. / No me dejes,no me dejes,no me dejes,no me dejes. / Se ha visto a menudo resurgir el fuego del antiguo volcán. / Que se creía demasiado viejo. / Existen tierras quemadas, que dan más trigo que un mejor abril. / Y cuando viene la noche para que un cielo arda. / El rojo y el negro¿Acaso no se unen?. / No me dejes,no me dejes,no me dejes,no me dejes no me dejes . / No voy a llorar. / No voy a hablar. / Yo me ocultaré para mirarte bailar y sonreír, y escucharte cantar y después reír. / Déjame volverme la sombra de tu sombra. / La sombra de tu mano. / La sombra de tu perro. / No me dejes,no me dejes,no me dejes,no me dejes.    

 

 Xoán de Cagalloso e Soutomaior 


Tags: Jacques Brel, los tamara, tocho, paisal, yolanda vázquez

Publicado por caligula @ 12:12  | Artigos
Comentarios (0)  | Enviar
Sábado, 23 de Xaneiro de 2010

Cousas de Xoán de Cagalloso e Soutomaior

 

 O fundamentalista Munilla

 

- El recién nombrado obispo de San Sebastián, José Ignacio Munilla, ha asegurado, en declaraciones a la cadena SER, que "existen males mayores" que el que está sufriendo el pueblo de Haití tras el potente terremoto que asoló Puerto Príncipe hace dos días. Para Munilla mucho peor que las muertes, el dolor y el caos instalado en la isla caribeña, donde los muertos superan ya los 50.000, es "nuestra pobre situación espiritual y nuestra concepción materialista de la vida". Son dos defectos que caracterizan a nuestra sociedad, en opinión del obispo, y por los que "deberíamos llorar". -

allan-macdonald.jpg

        Xa votou a lingua a pastar (e cando fala manda carallo) este Sr. Bispo de Donostia. ¿Pero por que non cala este representante da organización e seta   máis antidemocrática que existe?.              

Estas declaracións son de moi mal gusto ante a desolación e morte dunha catástrofe como a de Haití con milleiros de mortos. Parece que debe ser algo máis que lle caeu do ceo aos hitianos e iso e menos grave que a preocupación que ten este Sr. coa nosa espiritualidade.        

 A pobreza dese espírito Sr. Bispo Munilla, da que Vd. fala, está na súa propia seta ou organización, que nada ten que ver co ensino daquel que crucificaron fai unha morea de séculos. Vd. e máis toda esa caterva de lacra son o reino dos infernos na terra, son deses “ricos” que xamais entraran no “reino dos ceos”        

 Non se preocupe pola miña espiritualidade. Preocúpese de recuperar a súa que voa falla lle fai e ao mesmo tempo achegarse ao sentido común. Vd. representa a esa España grotesca de pacotilla, un esperpento daqueles dos que falaba D. Ramón del Valle-Inclán.

No Evanxelio según San Mateo (cousa que Vd. predicará nos seus discursos) hai un apartado 7.5 que di: "¡ Hipócrita ! saca primero la viga de tu propio ojo, y entonces verás bien para sacar la paja del ojo de tu hermano". O Sr. Bispo non se entera nin se quere enterar da súa propia doutrina, e despois falan dos fundamentalismos árabes. Teñen máis cara que un zapato vello.

Vállase Sr. Bispo a fritir espárragos e pídalle perdón de xeonllos ao pobo haitiano.  

A ilustración  de Mac Donald é moi clarificante.    

Xoán de Cagalloso e Soutomaior  

 


Publicado por caligula @ 14:30  | Artigos
Comentarios (0)  | Enviar
Mércoles, 13 de Xaneiro de 2010


Cousas de Xoán de Cagalloso e Soutomaior



A hipocrisía do Sr. Eurodeputado Luís Yañez

Ler Artigo en Público

O día nove deste mes o Sr. Eurodeputado escribiu un artigo moi interesante por mor da súa expulsión de Cuba. Estiven unha morea de veces lendo e relendo ese artigo e de tantas palabras só saquei unha conclusión, o resumo con dúas palabras: un discurso burgués. Permítame Vd que lle tutee, desta maneira a cousa é un pouco máis levadeira. Digo eu, nonsí.

 

Mira Luís, dis que desde xove sentiches que a liberdade era unha necesidade vital e ingresaches no “clandestino PSOE en 1962, non che quito ese mérito de dar ese paso ¿ Pero que carallo era o PSOE neses anos en España?. Voucho dicir eu, ese partido nos anos máis duros do franquismo era un club de amigos da clase burguesa, algúns (poucos) con moi boas intencións os demais cunha visión de futuro oportunista, disto algo ten que dicir o teu amigo dese club sevillano o Sr. Felipe.

 

Luís, lémbroche que daquela o único partido que loitou con esforzo e resgo das súas vidas polas liberdades foron os homes e mulleres do PCE e PSUC na súa maior medida pola cantidade dos seus militantes, sen esquecer a outros frontes e organizacións do estado español como PT, MC, Anarquistas. Vos estabades haber como foder a Llopis no futuro Suresnes. Hoxe ao ler certas informacións, recordeime o que dicía Manolo Vázquez Montalbán naqueles tempos dos anos 60-70 que, a policía franquista BPS tiña sempre moi presente: aos comunistas leña ao mono e represión a moreas (torturas, asasinatos, anos e anos na cadea), o trato aos “nenes “ onde ti militabas tiñan un tratamento moi especial, diso ti sabes moito, ao “nene” Felipe a ese nin tocalo, soamente facían o “paripé” con todos o do voso club de Sevilla.

 

Seica es socialista e socialdemócrata. ¡Carallo!. E iso como se come, con patacas ou con chícharos. Non teño tanta intelixencia para comprendelo, debo de ser un idiota, preguntareillo ao escribidor de cousas deste Blog un tal “curmán do Fervello” que disto entende moito. Haber o que me di.

 

Cando che expulsaron de Cuba ti comentas que che preocupaban as palabras do embaixador : “......sabíamos lo que Yañez pensaba hacer......”.¿ Porqué non tes a coraxe de dicir a cantos turistas estranxeiros está expulsando EEUU ?. Non denunciaches desde o Parlamento Europeo a expulsión de xornalistas españois en Marrocos cando o de Aminetu Haidar. Falas de vacacións en Cuba, iso non o cre nin o que asou a manteca, soamente ollar a túa paxina Web para saber o teu anticomunismo que levas nos poros. Eu aconsélloche outros países marabillosos de vacacións: Marrocos onde podes entrar libremente se ti non metes os pezuños , como intentaches facer en Cuba. Pides unha entrevista cos teus amigo do Frente Polisario (coido que non teñas ningún) para resolver o do Sahara. Despois viaxas ata Irak e placidamente escribes desde as praias de Basora. Outros sitios recomendables poden ser Pakistán, Honduras, Haití e inclusive Colombia. ¡ Ha !. Non te esquezas, vaite sen a inmunidade diplomática.

 

Mira Luís, mi amor, de que liberdade estás a falar. Da liberdade dos millóns de parados que non poden vivir dignamente. Onde está a liberdade dos traballadores deste país en precario explotados por este sistema neoliberal capitalista inxusto que ti apoias nesa institución europea votando cos neoliberais . Que me dis da liberdade dos partidos políticos con esas listas pechadas. ¿Cando poderei votar e elixir libremente na papeleta á persoa que eu considero honesta. Esa liberdade da que ti falas soamente serve para explotar ao persoal con merdas de soldos, a de especular coa vivenda. ¿Esa é a liberdade da que ti falas?. Entón te quedas ti con esa liberdade e de paso lávate con lexía a boca antes de criticar a Lenin . Luisiño, vendo o que temos na casa, e escarallante que vaias a criticar e facer política imperialista a outros países. As nosas oligarquías de partidos que apoiachedes, herdeiras do réxime franquista representades á máis pura burguesía . ¡Coidado!. A min non, a min ti no me representas Luís.

 

É moi doado falar de liberdades burguesas co estómago e o bolso cheo, cómo o teu amigo Felipe I O Fermoso chamado de mal nome X. Ou de Solana que está a defender os dereitos humanos apoiando invasións capitalistas, onde provocou terror e morte en nome das “democracias” burguesas que tanto che gustan a ti e a todos vos. A autentica liberdade Luisiño, non é a que escribes e escribides nos xornais burgueses, senón a que desprende de actos cheos de valores de solidariedade e igualdade. Tiveches un exemplo para ti poder facer un exame de conciencia en Haminetou Haidar, pero coido que pasaches do problema cómo case cen pobos

 

Tres cousas Luís: a primeira que eu tamén te votaría do país. Segunda: deixa de chamarte socialista e socialdemócrata. A terceira non fagas máis discursos imperialistas coa idea de que fascistas e comunistas son as dúas caras da mesma moeda. Luisiño, con este discurso insultaches á intelixencia do persoal e insultaches á memoria histórica do século XX

 Luisiño querido, o curmán do Fervello coido que xa me aclarará o que ti es, concretamente en este asunto de “sociatas”. Llo preguntarei cunhas arelas tolas.

Xoán de Cagalloso e Soutomaior



@@FinPreview@@

http://blogs.publico.es/dominiopublico/1763/cuba-en-el-corazon/

Artículo de PÚBLICO

LUIS YÁÑEZ-BARNUEVO

Desde muy joven sentí que la libertad era una necesidad vital del ser humano que se valora especialmente cuando no se tiene, y entonces en España carecíamos de libertad. Ingresé en el clandestino PSOE en 1962, con 19 años, para luchar por la libertad. Quiero decir con ello que un demócrata, antes que socialista, popular, liberal, cristiano o de cualquier ideología, debe ser un defensor de las libertades. Es decir, poner a las personas por delante de abstracciones como la Patria, el Partido, Dios, la Revolución o las Ideologías, como nos enseñara Albert Camus. Como socialista o socialdemócrata considero que no se pueden desarrollar políticas sociales ni de igualdad, ni contra todo tipo de discriminaciones, sin un marco de libertades, de democracia, sin un sistema legal garantista, sin una división de poderes en el que cada uno, Ejecutivo, Legislativo y Judicial, conserve su autonomía e independencia en relación a los demás o con cualquier otro poder de los llamados

 

 

fácticos. Ya conocía el librito de Fernando de los Ríos en el que relata su viaje a Moscú en 1920 (Mi viaje a la Rusia soviética) y su conversación con Lenin, quien, a las preguntas del socialista andaluz sobre las libertades en la nueva URSS, contestó: “¿La libertad para qué?”, a lo que el ilustre profesor de derecho político replicó: “La libertad para ser libres”.

Por todo ello, para mí la lucha contra la patología totalitaria de la derecha –que es el fascismo– y la patología totalitaria de la izquierda –que es el comunismo cuando llega al poder– es la misma lucha. No hay socialismo sin libertad pero es que, además, el comunismo en el poder empobreció, y empobrece, las condiciones materiales de sus pueblos, además de privarles de la libertad. Y, hablando de libertades, recientemente he condenado el golpe de Estado en Honduras en este mismo periódico, porque era y es un gravísimo atentado contra la democracia y la soberanía popular. Entonces el PP español apoyó el golpe e IU lo condenó. Con Cuba se cambian las tornas. CiU y PNV son más consecuentes porque siempre han sido defensores de la democracia.

 

 

¿No podríamos PP, PSOE, IU, PNV y CiU mantenernos unidos en la defensa de la libertad allí donde se conculca, sea cual sea el disfraz que adopten los liberticidas?

 

 

 

Público me ha invitado, cosa que agradezco, a escribir este artículo a raíz de mi expulsión de Cuba el pasado 3 de enero desde el aeropuerto de La Habana, adonde acababa de llegar provisto de visado emitido por el consulado de Cuba en Sevilla con la intención de pasar cinco días con mi mujer en esa bella ciudad a la que amo tanto y donde tengo tantos amigos. No me dieron la menor explicación y, sólo dos días después, el embajador de Cuba en Madrid, Alejandro González, convocado por el Secretario de Estado para Iberoamérica, Juan Pablo de la Iglesia, declaró que mi viaje “no era inocente” (sic) y que estaba en juego la Seguridad Nacional y la soberanía de Cuba. Un viaje privado que pretendía ser discreto, sin la menor intención publicitaria, se convertía así, por decisión del Gobierno cubano, en un asunto de Estado. Creo que erró en el cálculo.

 

Pero lo más preocupante de las palabras del embajador es que dijera: “Sabíamos lo que Yáñez pensaba hacer en Cuba”.

 

 

 

Enseguida me acordé del libro de George Orwell 1984 y en la predicción del Gran Hermano que sabe hasta lo que piensan sus súbditos. En realidad yo no había organizado ninguna cita o reunión en Cuba, pero sí “pensaba” (¿leyeron en mi cerebro?) llamar a algunos de mis amigos como Manuel Cuesta Murúa, líder de la Corriente Progresista de Cuba, miembro de la Internacional Socialista, o Elisardo Sánchez, presidente de la comisión cubana de Derechos Humanos, ambos partidarios de la reconciliación nacional y del diálogo con el Partido Comunista de Cuba, en el poder desde hace 52 años.

 

 

Lo criticable no sería visitarlos, sino ignorarlos. Ambos han sido invitados durante años por el Grupo Socialista del Parlamento Europeo sin que les hayan permitido salir de la isla. Como tampoco pueden salir las Damas de Blanco, esposas de presos políticos de la primavera negra de 2003, a las que el Parlamento Europeo concedió el Premio Sajarov en 2005 y no pudieron ir a recogerlo. Por el contrario, altas autoridades del poder cubano entran sin problemas en Europa y realizan su agenda en el Parlamento Europeo sin la menor cortapisa. Esa es la grandeza de la democracia. Para una información completa sobre la Cuba de hoy recomiendo el libro del reconocido periodista Vicente Botín, Los Funerales de Castro (Ariel), que, salvo el título –no muy fino en mi opinión– es un magnífico relato sobre la realidad cubana que yo no puedo hacer aquí, y que además la escribe quien ha vivido en Cuba durante cuatro años (2005-2008) como corresponsal de TVE.

 

 

 

A mi juicio, la dialéctica simple castrismo-anticastrismo y menos el embargo que practica EEUU desde el principio de la revolución y que tanto daño ha hecho al pueblo cubano, aunque no tanto como la demencial política económica del castrismo, no son el camino para la salida del colapso que sufre Cuba hoy. El embargo ha proporcionado la coartada antiimperialista al régimen y ha contribuido a impedir cualquier avance en reformas que conduzcan a un mayor bienestar del pueblo y a una transición pacífica y ordenada a la democracia para la que hay que contar, sin duda, con muchos de los que hoy se consideran revolucionarios y comunistas. Lo contrario sería apostar a la catástrofe, al caos o a algo peor. El futuro de Cuba le corresponde decidirlo a los cubanos. Desde fuera, a los que tenemos a Cuba en el corazón nos toca expresarles nuestra solidaridad y simpatía.

 

 

Luis Yáñez-Barnuevo es eurodiputado socialista


Publicado por caligula @ 19:53
Comentarios (0)  | Enviar
Luns, 11 de Xaneiro de 2010

 

Os esperpentos da actualidade        

      A semana pasada a 2 de TVE  ofreceunos unha emisión que facía moitos anos non ollaba. Quedei moi sorprendido xa que fai unha década que deixei de ver TV en tódalas súas vertentes e programas, non sendo de cando en vez algunha que outra película que pagara a pena.      

     A emisión tratábase da triloxía de esperpentos Martes de Carnaval de Valle-Inclán ( La hija del capitán, Las galas del difunto e Los cuernos de D. Friolera).Foi para moitos televidentes  algo moi especial e sorprendente  o ver na TV as obras de D. Ramón, polo motivo a que nos teñen acostumados os espazos televisivos da sub-cultura coas estrelas da cotilla, manipulacións e desinformacións lubricando a próstata mental ata límites insospeitados.       

       Toda a audiencia que viu a triloxía temos que agradecer á TV pública esta iniciativa  xa que nada podemos agardar  de ningunha outra TV . Foi un toque de atención a eses outros esperpentos actuais. Esperpentos da nosa “cultura” española cómo: Belén Esteban,  e moitos máis que  por falla de espazo nesta opinión enchería toda a cuartilla.      

        Coido que os esperpentos de Martes de Carnaval en versión televisiva foi un traballo excepcional por parte do guionista  Rafael Azcona ( finado en 2008 ) e do director José Luís García Sánchez, cuns extraordinarios intérpretes : Juan Luís Galiardo, Juan Diego, Adriana Ozores, Paco Tous e Pilar Bardem.        

      Don Ramón del Valle-Inclán nesta triloxía móstranos a seres grotescos, de pacotilla,de pura máscara e presentan o retrato degradante da sociedade española,  arremete contra os tópicos máis penetrados na vida do pobo español. Valle-Inclán móstranos a máscara ríxida dunhas convencións e duns principios falsos, a dimensión grotesca da existencia humana.       

     É de mágoa que todos eses seres grotescos e de pacotilla daqueles esperpentos teatrais de D. Ramón, hoxe despois de 85 anos, os estamos contemplando na máis crúa realidade nas Televisións e outros medios cos programas lixo, achegándonos a ese retrato degradante da sociedade española.        

     Na última obra da triloxía que emitiu a 2 TVE, “Los cuernos de Don Friolera”, ao final di Don Estrafalario: “España es solo la deformación grotesca de la civilización española”. Esas palabras escritas por Don Ramón, teñen hoxe moito máis actualidade que cando as escribiu, o digo polo panorama televisivo actual que nos están a ofrecer de  “cultura”, manipulación prostática mental e de contrabando de palabras. 

Teo Cardalda F.


Publicado por caligula @ 19:44  | Artigos
Comentarios (0)  | Enviar
Domingo, 03 de Xaneiro de 2010



Unha de consensos. 

Non me negarán que o ano pasado houbo abondo consenso na Galiza e no que vai quedando de España. 

Francos lazos de unión e entendemento tenderónse entre Goberno e Sindicatos co pío obxectivo de manter a paz social sobre os cimentos de 4 millóns de parados abertos en canal. Ou moi pillo é Zapatero, ou moi derrotados están os burócratas sindicais, que non teñen valor pra convocar unha protesta social por cómo os ricos levaron quentes os cartos: é o resultado de convertir este tipo de asociacións en brigadas de liberados e delegados sindicais que ben poden levar ata ¡16 anos! no Comité de Empresa, sei do que falo, que teño un deses no meu chollo. 

Menor consenso houbo hai uns días entre o xefe da patronal española, señor Díaz Ferrán, e os miles de persoas que deixou tiradas xunto á máquina de café de Madrid-Barajas. Os empresarios de agora, da democracia, sonlles máis lucidos ca os casposos aqueles que andaban detrás de Franco e de doña Carmen.

Os empresarios de hoxe en día teñen un punto interesante, gastan moreno de iate, bótanlle brea ás canas, lubrican a próstata en fin de semana e gastan en vicios o xusto, un ou dous gramos, mais no tocante á xestión das súas empresas son pésimos, e, cando hai problemas, chaman por papá Estado para que solte panoja, flete sete avións, subvencione aos bancos amigos e abra unha liña de crédito para caprichos. Gran consenso, sí, hai arredor do académico da “Real”, camarada Méndez Ferrín, que debe gardar no piso de Vigo, baixo sete chaves, as sinaturas necesarias para ocupar o posto de Presidente da máis alta institución da sen oso galega. 

.zpdialogosocial.gif 

Por fin, por fin, e por fin, faise xustiza con Méndez, porén sexa no eido literario, e, por fin, Méndez gañará unha votación fóra da FPG e da CUT. E será, pásmense, por consenso: Ferrín, candidato de consenso, non é emocionante? O chollo debe estar feito cando o ex-claustrado Barreiro apoia a xogada, porque Barreiro, un home con moito púlpito, non dá puntada sen fío, nen deixa biblioteca sen analizar, é o que contan por aí, xa saben. Amaís, con Méndez na Presidencia da “Real” Academia Galega, matamos figuradamente aos descerebrados dos lusistas, en bo número ex-alunos do profe de Coia, ou ex-camaradas de calquer partido marxista-leninista de Nazón: con Méndez na Academia, non fica espazo nen á esquerda, nen á dereita, nen no centro, de xeito que a alternativa para esos iluminados é brincar cara o valeiro e chutarse en vena con patrón portugués. 

Cunha mínima de sorte, Xosé Luís Méndez Ferrín consensuará dietas, conferencias, discursos en enterros e separacións matrimoniais no Tribunal da Rota co resto dos académicos e académicas, agás con Xesús Alonso Montero e Franco Grande (vaia apelidos, en fin), e quén sabe, ao mellor comete outra falcatruada como aquela de tirar un voceiro do seu partido político de Nazón con este título: “Sempre en Galicia”... cando ata os de “Galicia Bilíngüe” saben que o texto de Castelao titúlase... “Sempre en Galiza”. Consenso, outravolta, en que Castelao non sabía papa da normativa. 

Onde sí houbo consenso, por riba e por embaixo, é no Parlamento Galego co asunto das Caixas de Aforro. Enténdanme, acordo e consenso entre PP e BNG, porque os sociatas adicáronse sen esforzo a nos proporcionar o número habitual dos Alcaldes de A Coruña e Vigo agora mendigando patas de nécora e unha sede da futura Caixa Única do Pobo Galego (CUPG). Sobre o PP, paso de lles decir ren porque saben mellor ca mín que o “Gran Líder Freijonetas” quere o mellor para nós e para todas as nais e nenos lactantes do País.En canto ao BNG, debo recoñecer a miña sorpresa pola actuación tan desinteresada que estiveron a desenvolver no asunto da fusión das Caixas de Aforro Galegas, aman tanto ao País que foron eles os que entregaron un borrador da nova Lei de Caixas ao PP. Isto é ser un auténtico patriota, colega. 

Lembro o chocho que lle montou a UPG a Xosé Manuel Beiras por ir cear  de cando en vez con Manolo Fraga a un reservado do “Vilas” para tratar da reforma do Estatuto. Os mesmos jichos, ou Xudas, que, agora, non teñen empacho en se aliar co PP para diseñar unha especie de Banca Pública Galega, trincando os aforros dos impositores, e entre un 20 e un 25% da representación en asambleas e consellos da futura “Caixa Única do Pobo Galego”, xa coñecen as siglas. 

Vaia. Despois de ver a Obama na Presidencia dos Estados Unidos de América pensei que o cupo de sorpresas estaba cuberto: pois non, aí están os nosos comunistas patrióticos merendando cos do PP ata se fartar. Que leven un bo empacho, e vomiten. Xa para rematar, penso que esta “Unión Temporal de Bandidos” (UTB) provocará efetos colaterais:

  1.  O PP sairá reforzado e aumentará a súa rede clientelar ata extremos insondábeis, e controlará desde a negra sombra unha palanca orzamentaria por fóra dos Orzamentos Públicos.
  2. O BNG aumentará a súa capacidade para crear País e montará en paralelo a súa particular rede clientelar para o seus artistas (non esquezan a famosa “Obra Social” das Caixas) e para os seus insaciábeis Alcaldes, case todos en núcleos de poboación máis ben pequechos.
  3. O PSG-PSOE levará unha hostia anunciada por non se sumar ao tinglado que sementa futuros desacordos entre os partidos que argallaron o Goberno “Bi”.

 Sospeito que, tanto BNG como PSG-PSOE, están convencidos de que non pisan moqueta en varios anos, ¿8, 12, 16?, e que a situación aconsella alugar unha toupeira con calefación central, ou sexa, seguir unha liña política estratéxica que consista en situarse o máis a caron do lume e rezar para que o PP meta a pata mentres un novo Mangouras manexa o timón. 

O curmán do Fervello.


Publicado por caligula @ 11:40  | Artigos
Comentarios (0)  | Enviar





Unha sociedade desinformada       

      Coido que ante esta sociedade dirixida que vivimos, temos algo moito peor, unha sociedade desinformada. Para desgraza de nós, se queremos atopar ou escoitar algo que aseméllese á obxectividade temos que remexer nalgúns medios que pescuda nas mentiras e manipulación dos grandes medio e os poñen espidos e co cu ao ar. Hai uns días a “Web Arret Sur Images” descubriu a manipulación  da “cadena France 2” que emitiu a semana pasada imaxes da protesta da ditadura hondureña como se fosen imaxes da recente manifestación en Teheran.

     Concretamente esa fotografía atopábase nunha fotogalería do 19 de xullo no dixital de “Le Figaró”.    manipulacion1.jpg       

 Ou sexa, o que en Honduras non era represión, en Irán remata sendo  por graza duns manipuladores da prensa internacional controlada para dirixirnos, manipularnos e desinformarnos. Qué mais se pode dicir, este é un exemplo de miles de casos. Así é como os gobernos de Occidente que teñen o goberno pero non o poder, crean opinións no mundo (por orde dese poder na sombra) á súa medida segundo os intereses en cada contexto.                

Desta maneira lembraremos a creación daquela opinión mundial favorable á guerra de Irak cunha grande mentira. Aínda hoxe está  custando milleiros de mortos, o petróleo roubado e repartido entre esas grandes petroleiras de EEUU  e os culpables organizan conferencias (guita millonaria) nos púlpitos, onde falan de ética e moralidade, póñense de moreno no verán nos iates, no inverno con raios UVA, bótanlle chapapote “finolis” ás canas e dormen a perna solta.      

Con esta desinformación e manipulación que nos están vendendo sobre Irán, alguén destes novos “finolis canosos de chapapote” xa están pensando en facer como os outros: volver a matar, cometer xenocidios e roubar, sendo os medios internacionais que teñen o poder das grandes corporacións que controlan aos gobernos, aplaudindo a iniciativa. Cando as cousas non son cómo teñen que ser, hai gato pechado.          

original_21559_140x105.jpgComezamos o novo ano 2010 co mundo ao revés. De tolos. E estes suxeitos quédanse tan panchos . Non teñen nin un anaco de vergoña e o mundo contemplando as paranoias e surrealismos destes “mandilóns” que entregan o Novel da Paz a un guerreiro.      

Seguen lubricando a próstata mental dos cidadáns con manipulacións e desinformacións para os seus fins bastardos.  ¿Cando recuperaremos o sentido común dunha puñeteira vez?. Quizais cando o recuperemos sexa demasiado tarde. 

Teo Cardalda F.    

Artigo de Galicia Dixital    
  


Publicado por caligula @ 2:41  | Artigos
Comentarios (0)  | Enviar
Venres, 25 de Decembro de 2009

¿ ONDE ESTÁ A ESQUERDA?

Artigo de Teo Cardalda F.  

O tren que corre a unha velocidade impresionante vai parando de cando en vez  en moitas estacións, leva un destino cheo de túneles moi escuros e incertos. Un destino que moitos de nós sabemos, non o dicimos, pero aceptamos como un mal que moitos están a dicir que xa non ten remedio. 

Aínda penso que pode ter remedio antes de que sexa tarde e ese tren non estoupe ao final do percorrido. A solución ten que vir desa esquerda progresista, ecoloxista  e social collendo ese tren en calquera estación, non soamente velo pasar e poñer cara de tristura. Coido que aínda está a tempo de facer ese esforzo, de recuperar    a conciencia crítica, conciencia de clase, conciencia solidaria e a conciencia de ser humano. 

Comprendo que nestes tempos que corren en países de alto e medio grado de desenrolo económico como España, foi fabricado a conciencia polo liberalismo salvaxe para que se perda esa conciencia crítica do persoal. Os medios de comunicación (falsimedia) tratan por tódolos medios de que aceptemos a guerra para así reinar a paz. Que aceptemos que no nome da paz os gastos de defensa sexan desorbitados e permitir que se crean conflitos artificiais para desfacerse de stocks de armas. Permitimos e aceptamos que non se condene un asasinato de outro humano, malia que os gobernos decreten que é un inimigo e teño que matalo. Eses medios case conseguen que acepte a división da opinión pública, creando un partido de dereita (PP) e outro “esquerda” (PSOE) que teñen nestes intres un pasatempo, un xogo, facendo entre eles un simulacro de enfrontamento, facéndonos crer que o sistema vai por bo camiño e avanza , pero avanza como ese tren con destino a estoupar. 

Eses medios escritos e audiovisuais controlados pola gran banca, grandes corporacións e homes de negocios, que teñen o poder,  que non son elixidos democraticamente e son totalmente libres de controlar aos estados  tentan e tratan de que aceptemos as novas negativas e aterradoras do mundo tódolos días, para así facer ver que a nosa situación en Occidente é moi normal, seguir mantendo o medo no noso corpo e xustificar masacres e guerras.  

     Nos din que temos que aceptar esa guerra económica que está actuando salvaxemente como un casino ilegal sobre este pequeno planeta que nos leva ao “planeticidio”, a unha catástrofe. Non acepto, nin consentirei mentres teña a cabeza enriba do lombo que eses poderes “fácticos” me traten como gando, xa que esa é a súa intención cara ao persoal.  

Todo isto coa anuencia  da esquerda, desa esquerda que considérase pura, da esquerda posibilista que anda un pouco a deriva en centos de debates que por mor deses (falsimedia) moi pouca xente escoita. ¿ Lles interesa ao persoal que os corruptos sexa condenados e vaian para o cárcere ?. ¿ Lles interesa que sexamos  bárbaros consumidores?. A lei do aborto, o xenocidio franquista, os matrimonios homosexuais. Todo isto  lles importa un carallo ao persoal, por certo que son maioría neste país e parte de Europa. ¿Saben porqué non lles interesa?. Porque estase a perder (ou xa se perdeu) os valores e o da nosa condición como humanos.

Esa esquerda de valores a que eu coñecín fai tempo, ten que tomar ese tren, con obxectivos moi concretos, acometer os cambios que esta sociedade inxusta e depredadora necesita e deixarse de debates que a ninguén lle interesa. 

Teñen que loitar coas mesmas armas que usan eses depredadores do planeta, xuntar tódolos esforzos cara a eses cidadáns que aínda teñen a esperanza e cren en que outro mundo é posible, loitar dentro das posibilidades en crear un sistema educativo que forme cidadáns conscientes, críticos, libres e solidarios.

Fai un tempo, preto de catro anos, José Saramago dicía unhas palabras moi fortes á esquerda, a frase era a seguinte: “La izquierda no tiene ni puta idea del mundo en que vive”. Foi unhas palabras moi duras e coido que deliberadamente provocadoras. Esa esquerda interpelada por Saramago, respondeu co máis absoluto silencio, ningún partido saíu á palestra para rebater ou argumentar esa frase. 

Ollamos como a situación do mundo está a complicarse cada vez máis e esa esquerda segue un pouco estancada, está a perder ese tren  da oportunidade da crises do capitalismo salvaxe, onde Marx nunca había tido tanta razón como hoxe. 


Publicado por caligula @ 23:41  | Artigos
Comentarios (0)  | Enviar